Sunday 28 de April de 2024

O prazo de solicitude de bonificación de taxas por recollida de refugallos, rede de sumidoiros e subministro de auga abrirase mañá


As solicitudes para a bonificación das taxas de recollida de refugallos, rede de sumidoiros e subministro de auga potable para o ano 2023 poderán presentarse dende mañá día 1 ata o 20 de setembro deste ano. As instancias poden tramitarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón, no Rexistro Municipal do Concello –neste último caso, de luns a venres, entre as 8.30 e as 13.00 horas- ou por calquera dos outros medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Os impresos a cumprimentar e a información sobre estas bonificacións poden solicitarse no Rexistro municipal ou no Servizo Sociocomunitario Municipal, no segundo andar do Consistorio, donde tamén se ofrecerá información sobre os beneficiarios e beneficiarias destas bonificacións.

As persoas que teñan concedida a bonificación do último ano e se atopen nas mesmas circunstancias que se tiveron en conta para a citada concesión non é preciso que a soliciten de novo.